superoucidentalismo



Superoucidentalismo




N-un serán mormo de inverno, fumos de paseo pol-a carretera da Loá, Calros Fernández Cid, eu, e mais unha cadela branca de Pomerania. D´aquela quedou fundado o superoucidentalismo.




Na miña Teoria do Nazonalismo galego, capitulo VI, dí: “Estase vendo a crise do europeismo. E un sol posto d´unha civilización. Os valores millor asentados na concencia europea afondan coma barcos vellos que tiveran ás táboas apodrecidas. Hoxe dicese aeito pol-os millores inxenios da Europa, qu´o europeismo debe ser superado.


Ora europeismo y-ocidentalismo son verbas sinónimas, a América non sendo, coma non é nin pode ser ainda, creadora de valores de esprito.


Iso que´eu dicía da crise do europeismo é unha verdade, unha realidade patente: aló na India, o berro do gran GAndhi, o santo xeneroso, foi: “Fora a civilización oucidental”... En Rusia, Lenin o visionario, dico: Ex oriente, Lux. O movemento pan-islámico, producido poucos anos depois de se pubricar un libro en col de Le crespuscule de I´Islam, faise sintir ainda nos folgos épicos d´Abed-el-Krim... A alianza xermano-rusa é unha amenaza pra Europa oucidental. Os alemáns, cegados pol-o esprito de vanganza, son capaces d´entregar ós eslavos a razón mesma da sua eisistenza, que´esa mesma civilización hoxe atacada por todal-as bandas.


Ora, eu quixera recoller eiquí estas verbas devociones que Xenius tivo prá nosa vella amada, prá nosa nai Europa... Por Ela, por Ela, e pol-o qu´Ela nos deixo, pol-o qu´Ela nos dou, ¿non compre defendela? Non compre defendel-a nosa herenza espirtual? Non compre opoñermos á ola invasora do Ouente qu´espeuta, as nociós sagradas do nos Oucidente? Non compre asentármol-os direitos sagrados da Razón e do Esprito, da Cencia e da Democracia?.


Por iso chamei eu sempre ó fondo sentimento europeo dos nazonalistas galegos.


Que nosa doutrina é a enxebre superación do europeísmo, é o superoucidentalismo que s´ergue pra sostelos direitos sagrados da Razón e do Esprito.

Para a revista a zarpa 28/05/1922

Nenhum comentário: