Cosmopolitismo

COSMOPOLITISMO


O marxismo é cosmopolita "traballadores de tódolos países, xuntádevos" e ten que ser cosmopolita, ao ser materialista: ubi bene, ibi patria. O marxismo é pacifista, e ten que ser pacifista ao ser revolucionario. A guerra é un estorbo para a revolución mundial.

O pacifismo marxista quere acabar coa guerra entre nacións, ou entre Estados, para substituila coa guerra entre as clases. Vai contra da guerra exterior, porque o que el quere é a guerra civil. Non quere que haxa odios de raza, odios nacionais, etc.; quere soamente odio de clase. Proclama a fratemidade universal... dos traballadores e o aniquilamento dos bur gueses. Para o odio de clase, non debe haber fronteiras. Co cal vimos parar, por outro camiño e con outro fundamento, á antiga distinción burguesa que os teólogos e xuristas facían entre guerra xusta e guerra inxusta. Soamente que aquí a guerra inxusta é a guerra entre pobos, entre nacións, entre Estados, a guerra exterior. Esta guerra é inhumana e monstruosa, é inxusta, ilóxica e cruel, é sanguiñenta, conculcadora de tódolos dereitos, ofensora de tódolos atributos da divinidade e da personalidade humana. Contra dela bótanse discursos, fanse manifestacións, xúntanse congresos, escribense libros, deséñanse carteis e filmanse fitas de cinema. E todo é pouco para pintar os seus horrores, as súas brutalidades as súas loucuras, as calamidades que lle fan compaña, os regos de sangue que deixa.

A guerra social, a guerra de clases, é en troques a guerra xusta. Mais aínda: é a guerra santa do novo Islam. Cómpre predicala, propagala, suscitala, erguela. Tantos discursos, manifestacións, congresos, libros, carteis, e films como se fan para condenar a outra, ou máis, fanse para acender esta. Non importa que, coma a outra, a guerra social poida ser, e sexa de feito nos máis dos casos, horrible, brutal, louca, calamitosa e sanguiñenta. Está canonizada polo marximo, e polo tanto, nin é inhumana, nin monstruosa, nin inxusta, nin ilóxica, nin cruel, nin conculca os dereitos, nin ofende os atributos da personalidade humana.

A outra si, porque é a guerra burguesa: esta non porque é a guerra proletaria. A guerra burguesa debe ser condenada; á revolución social hai que abriríle paso... porque é a Revlución. No seu nome, pódese, sen remordemento, exterminar tódolos burgueses, pódese lanzar masas enteiras de proletarios á ruina e á morte. Sempre se fará obra santa.

Agora ben: dixemos xa que Alemaña está saturada de marxismo. Ademais, acontece neste mundo que non se opoñen endexamais, non loitan, non rifan unha coa outra dúas doutrinas, dúas tendencias, dúas concepcións do mundo, sen que se inflúan mutuamente, sen que cada unha colla algo da outra. Polo tanto, hoxe en día, non hai mesmamente anti-marxista, non hai contra-revolucionario, que non teña un pouco de marxista. E na Alemaña ten que ser mais.

Ora: o pacifismo non é tampouco un invento marxista. Na esencia, o pacifismo é de orixe cristiá: nos seus verdadeiros termos, foi doutrina da Igrexa Católica en tódolos tempos. Mais quen lle deu o ton de falso sentimentalismo humanitario, pseudoromántico a guerra coma incompatible cos nervios alporizados dunha solteira erudita e histérica e cosmopolita, foi a pseudo filosofía do século XVIII, e os cora zóns sensibles conmovidos polo bucolismo idílico de J. J. Rousseau. O socialismo inxenuo herdouno de alí, e o socia lismocientífico de Marx, por frío, antirromántico e sen escrúpulo que sexa, non se sentiu con forzas para desbotalo, porque se o facía, expúñase ao risco de non semellar unha doutrina humanitaria. É ben que non o fose, mais tiña que parecelo.

De maneira que ademais dos marxistas, hai outros moitos pacifistas, na Alemaña e fóra dela. E o que non o é cala, sobre todo se está só, porque soamente en masa (coma os nacionalsocialistas ou os nacionalistas) se atreven os homes de agora a manifestaren afeizóns guerreiras: se o fai un só, apóupano. E despois da barbaridade de 1914-1918 explicase. Os pacifistas, de tódolos xeitos, son moitos máis que os bélicos. Facer, non fan nada positivo a prol da paz; non fan máis que falaren contra da guerra, anque probablemente vai acontecer que, se os chaman, volvan a ela; mais polo instante, coma movemento espiritual, non se pode negar a forza do pacifismo. E unha atmosfera intelectual e sentimental, un estado de espirito esteso e potente.

Pois ben, aínda entre os antimarxistas, aínda entre os contra-revolucionarios, cando se pensa, se fala ou se obra en contra da guerra, semella que non se trata máis que da guerra de nacións ou de Estados; semella que ninguén pensa na revolución e nas súas victimas. Tódalas prédicas, tódolos plans, todolos proxectos, van contra da outra guerra, aínda cando quen predica, planea ou proxecta sexa un contrarrevolucionario. Velaquí o que me chama a min a atención. ¿El é que aceptan a revolución coma cousa xusta? ¿Oué que a consideran inevitable, e danse por vencidos? ¿Oue que comprenden que a campaña pacifista, endereitada contra a revolución, non había achar agarimo no pobo nin nos políticos? ¿Ou que non se atreven a arriscaren a impopularidade dunha campaña contra a violencia revolucionaria? Eu non sei... Velaquí o feito.

Ben: o pacifismo non é todo o cosmopolitismo, máis é o seu argumento Aquiles. ¿Non queremos guerra? Pois fóra fronteiras, desaparezan estados e nacións, e formemos a grande fratemidade de tódolos homes.

Cando triunfemos no mundo enteiro dicíame un comunista faremos desaparecer tódolos odios entre os homes; unirémonos todos para facermos a única guerra: a guerra do home contra da Natureza.

¡Isto si que é grave -respondín eu- no afán de vos tedes por botaren abaixo tódolos deuses, non respetan nin tan sequera ao Gran Fetiche!

E lembreime novamente de Robert Hugo Benson, e da súa profecía da adoración do home polo home.

Claro está que a xente intelixente e culta gárdase moito de expresarse en termos de tal radicalismo cosmopolita. Mais o espirito interior que fai preferir esas fórmulas aos ineducados, non deixa de vivir en moita parte da intelectualidade xermánica da posguerra, principalmente na de sangue israelita, anque se exprese dun xeito moi diferente. Dun xeito semellante ao de Romain Rolland representante o máis adubado e enluvado desa que eu chamei xa neste libro, ideoloxía de Hotel Metropol. Moito menos pulido aparécenos Mr. Wells, a quen eu chamo o Vicetto da Historia Univeral. Romain Rollad envolve refritos do século XVIII en elegancias de gran hotel un pouco anticuadas; Rolland aínda anda por ai retratado co colar da camisa dereito e almidonado ata as orellas. En Wells, a pesar de ser inglés e de que quereria ser o barbeiro de Marx, non hai elegancia de ningunha caste; cheira todo el a suor de sala de mitin.

O argumento Aquiles do cosmopolitismo é o da paz universal e perpetua; mais ter, ten outros: ten o da solidariedade económica mundial, que tal e como está o mundo, máis ben semella a solidariedade na ruina.

¡Mundial! Lémbrome dun comerciante de Ourense que se botaba de erudito porque sabía francés, e que se enchía o bico con esta verba, tan doada para unha marca de calcetíns, e tan abusada en toda caste de anuncios comerciais.

Aínda hai o da solidariedade da ciencia, e outros moitos, que anque fosen valedeiros, non habían servir para estable ceren o suposto preciso da necesidade, posibilidade e conve niencia dunha unicidade de cultura a rexer o mundo. Eu xa teño tratado este punto noutro libro, e non o vou repetir aquí.

A mim, tódalas creacíóns de valor intemacional do noso tempo: Sociedade das Nacións, Oficina Internacional de Traballo, Instituto de Cooperación Intelectual, etc., etc. parécenme novas manifestacións da megalomania, do delirio de grandezas do home occidental moderno, chegado a un punto adiantadísimo de senilidade e de decadencia.

O cosmopolitismo, o internacionalismo, o mundialismo, o universalismo, velaquí outro aspecto do soño babélico, da bárbara soberbia de Nemrod, constantemente resucitada en procura do dominio imperial sobre o planeta, motor e carantoña a un tempo da cobiza do home occidental de impor o seu rubro, queiran non queiran, a tódolos pobos do mundo, disfraz do imperialismo euroamericano, que desexa que toda a terra sexa colonia súa, soño delirante do capitalismo, que o comunismo marxista herdou e acalenta, Torre de Babel intelectual, que non espiritual política, administrativa e buro crática, para encher a das máquinas, do estándar, do comer cio e do creto, esquema imaxinado pola vontade de potencia, pola soberbia sen freo ergueita de novo contra Deus, para ser de novo vergoñentamente confundida.

Berlín é berce doado para arrolar estes soños. Sorte de capital de Oriente de Europa na Friedrichstrasse enco menza o Oriente vila conxestiva e tentacular feita en poucos anos, cun ritmo americano no crecemento, embebida aínda do imperialismo dos Hohenzollern, cunha intelectualí dade, na súa mor parte, semita, cun millón de comunistas, ten elementos de dominanza de abondo para que os ale máns, vendo chegar aquí rusos e chinos, hispano-americanos e balcánicos, ingleses, indios, árabes, xaponeses, turcos, franceses, ianquis, portugueses, boers, etc. etc., se sintan capaces de ser donos do mundo e de organizaren o Estado Mundial ao seu xeito e en proveito propio. Nisto, cada pobo arela ser el o que dea o ton; o mundialismo é unha nova ocasión de rivalidade. A mestizaxe das culturas, destructor, esterilizador da personalidade individual e colectiva, non pode darse máis que en pobos inferiores ou en pobos decadentes recaídos na inferioridade; polo de agora, o mundialismo resólvese na invasión de tódolos pobos da terra polo industrialismo euroamericano. Os pobos occidentais queren facer a tódolos demais participantes da súa desgracia, e o mundia lismo único que realmente existe é ese imperialismo que vai matando tódalas culturas autóctonas e estandarizando a tristura gris, uniforme, mecanizada, artificial e noxenta, do mundo da grande industria.


fonte

Nenhum comentário: