Antisemitismo

ANTI-SEMITISMO


Os nacionalsocialistas fan bandeira do antisemitismo. Ningunha bandeira pode ser máis popular na Alemaña. O alemán odia o xudeu por instinto. Ódiao e despréciao sente por el noxo físico. Di que é porco, que cheira que FEDE, di que é ruin, baixo, falso, tramposo.. E non son soamente os alemáns. Tódolos pobos centro europeos, tan ceibes de prexuizos, son antisemitas.

¿El é o antisemitismo un prexuizo ou unha revolta inconsciente contra dos que destruíron os prexuizos? Porque a participación do espirito e do pensamento xudaico na des feita dos chamados prexuizos, non hai dúbida que foi deci siva. Soamente non conseguiron derrubar o prexuizo antisemita (se é que este e un prexuizo). O odio de razas radica nun fondo da alma inatacable polo razoarnento. É un Instinto.

Mais digo eu ¿el é posible que un sentimento tan unánime contra dos xudeus non teña unha causa real? Tena que ter. Todo instinto responde decote a unha causa; o instinto atina sempre, adivina as causas.

Din algúns que o antisemitismo se funda na superioridade da raza israelita e na sua non asimilación. Mais a causa ten que radicar máis fondo. Concedo a superioridade da raza hebrea. Precisamente, a ciencia hebraica tradicional, a Kabbalah imponme respeto e curiosidade. Comprendo o seu perigo decátome polo tanto da audacia dos seus creadores. ¿Que cousa haberá segura no mundo para quen tal emprendemento aco mete, como é o de xogar nada menos que co nome de Deus? Despois disto, non é milagre ver as cousas dun Sánchez dun Spinoza, dun Einstein e dun Freud. E tampouco que os xudeus teñan admiradores, nin que se atraian a envexa dos demais.

Tamén é verdadeiro o feito da non asimilación. Máis isto pode ser tan ben efecto coma causa do antisemitismo. ¿El é tendencia innata dos xudeus a non asimilárense ou é imposta? ¿Isólanse ou isólanos? Ainda, a superioridade da raza ten que ser efecto do seu isolamento, porque a raza deste xeito consérvase máis pura, máis fina e aristocrática, xa que a mestizaxe é unha causa de dexeneración e porque isolados conservan a tradición que os fai fortes. Tan fortes que son capaces de dúas cousas: de triunfaren a pesar da persecución de que son obxecto, e de desorganizaren as sociedades onde se metan.

O primeiro fainos ser as víctimas resignadas que triunfan do seu verdugo. Os xudeus non se revolven nin se vingan coas armas. O xudeu, en canto xudeu, non se voltou revol ver dende o tempo de Barcoquebas. Xa non hai Macabeos. Os xudeus son os únicos que neste mundo teñen aplicado con éxito o principio de non resistencia contra do mal. O xudeu non loita; chora e láiase. Mais láiase cun laio mais fondamente punxente e eficaz que ningún outro pobo. Son o pobo máis persuasivo e seductor que hai. É a flebeza de Esther vencendo a Asuero. Porque a raza ten moito de femi nina. Na súa pureza, ten rasgos femininos. Cómpre ollar eses suaves e solapados mozos xudeus, de ollos alongados e impresionante beleza, os cales, xa de vellos, conservan a feminidade debaixo das longas e abondosas barbas patriar cais. Femininos, doces, mansos, vencen coas bágoas, coma as mulleres.

Tocantes ao segundo, eu penso que é a causa fonda do antisemitismo. Manseliña e lene dinamita, o xudeu é a gran forza desorganizadora, o formento da disolución social, que vai rillando os fundamentos de tódalas cousas.

Os xudeus operaron tódalas grandes revolucións. Eles crearon a economía do diñeiro, a meirande revolución do mundo, da que o comunismo non é máis que unha forma evolutiva. A xente semella non decatarse de que sen capita lismo, o comunismo, o socialismo mesmo, resulta inconce bible. Porque ademais, non hai que confundir o comunismo moderno o marxismo, idea puramente xudaica cos soños dePlatón e dos seus secuaces renacentistas, nin co comu nismo dos cátaros, nin co dos Kármatas e outras sectas musulmanas.

A economía do diñeiro foi o principio da destrucción das sociedades cristiás polo xudaísmo. O diñeiro é a máis espan tosa dinamita do mundo. A economía capitalista ten o vicio orixinal, satánico, negativo, de erguer un valor artificial por riba dos valores económicos naturais, únicos verdadeiros. Isto tivo para os xudeus o efecto de facelos ricos, e para os outros, o de minar o fundamento das sociedades que dende entón descansaron sobre os cartos, sobre base mentireira, falsa e inconsistente. E os valores económicos erguéronse por riba dos espirituais. Logo os xudeus ainda fixeron máis: eva poraron o diñeiro en figura de creto, co cal remataron de facelo omnipotente e universal, co cal triunfou a gran idea xudaica: o internacionalismo cosmopolita. Porque co creto, estableceuse a solidariedade mundial das finanzas, a dicta dura dos grandes truts internacionais.

En servicio da idea cosmopolita, os xudeus tiñan os cartos para propagala, pois quen ten diñeiro ten a imprenta, a propia que se sostén, e maila allea que se soborna. Os xudeus son ademais mestres na propaganda: non hai máis que ver o espallamento no mundo doBerliner Tageblatt; que mandan gratis a tódolos hoteis. En case tódalas vilas de Galicia, o único xornal alemán que se recibe, é oBerliner, quen se queira enteirar directamente das cousas de Alemaña, tense que coller a unha fonte xudaica de información. Deste xeito, calquera empresa xudía, calquera sabio, pensador ou escritor xudeu, ten o éxito asegurado; sabe que o seu nome ha ser espallado deica o derradeiro recanto do mundo.

Eu non digo que isto todo o fagan os xudeus decote consciente e deliberadamente, cun fito fixo e unha vontade a el endereitada, anque ben puidera acontecer que así fose. Pode que non constitúan unha forza universal única, verdadeiramente organizada en procura dese obxectivo preciso, anque haxa diso moito máis do que a xente se figura. En efecto, os xudeus protéxense uns aos outros coma nin­gún pobo, conservan certas formas relixiosas, moitas veces sen creren nelas, certas usanzas que os axuntan; non empregan nos outos cargos dos seus negocios máis que xente da súa raza, dispoñen da gran imprenta, cacarexan os seus valores, teñen unha influencia decisiva nas organizacións masónicas, etcétera, etc. Pode que o fagan, non por un pro pósito único, deliberado, senón por unha tendencia innata ou adquirida da raza; o conto é que o fan e que non poden por menos de o faceren.

O internacionalismo explicase neles por seren un pobo sen patria, sen terra. Isto proba a necesidade que o home ten da patria. A falla de patria produce un íntimo descontento, unha íntima desesperanza, un amarguexo e desespero no fondo da alma. Proba da súa arela de ter patria é o sionismo, o quereren voltar á Terra Prometida, e a mesma exaltación da terra de Canaán na súa tradición e no seu rito. Mais alí, queiran ou non queiran recoñecelo, non poderán afincar endexamais, todos sabemos ben por que.

A desesperación de non teren patria, lévaos, conscientemente ou non, a quereren desfacer as patrias dos demais, a quereren borrar a idea de patria, e isto óllase ao menos coma tendencia, en tódalas súas publicacións.

O home sen patria é decote un home, no fondo, de mal sangue, dun acedume destructor no fondo do espirito, disposto decote á vinganza e ao mal. Ten moito adiantado para ser un malvado. E todos sabemos que hai bornes que non son malvados máis que no pensamento, e que non sendo capaces de lle facer mal a un chinche, sementan ideas que levan o acedume e a desesperanza a moitos homes e per turban o mundo, como son no fondo tódalas ideas destruc toras de prexuizos. Eu non digo que esas ideas non sexan precisas para o anovamento das sociedades, e mais para iso que chaman o progreso, e quizais neste senso hainas que aceptar. Mais os seus efectos son decote os ditos, e ademáis, saen sempre de homes co fígado revolto.

Por certo que a raza xudaica é unha raza hepática de temperamento dominado polo fel e de aquí a cor de ceruda dos máis puros. Pode que noutra raza non fixese o desterro os efectos que neles fixo.

O internacionalismo é unha idea desesperada, conscientemente ou non, para todos, a mesma desgracia que eles padecen. O peor é que os demais, ao veren esa idea disfra zada con verbas de xenerosidade e de amor universal acóllenas e parécelles ben. Acontece coma co comunismo: xente chea de bos sentimentos e de verdadeiro amor á humanidade, acolle esas doutrinas coidando que son de amor e piedade, e que no fondo están dictadas polo odio, polo resentimento,como dixo Nietzsche o odio dos Tchandala, a vinganza dos parias, que ao que vai é a destrucción de todo en nome dun ideal imposible, que quizais os seus proclamadores sabían ben que o era... E como se sabe, tamén o comunismo é xudaico. Ora, cómpre fixarse ben nun feito, os xudeus, onde resultaron máis temibles foi na Europa central onde houbo antisemitismo nos tempos modernos. Pódese preguntar se a èrigosidade dos xudeus e causa ou efecto do antisemitismo

Por outra banda, a perigosidade ideolóxica dos xudeus semella terse desenvolto na Europa central principalmente dende a reforma de Moisés Mendelsohn. Porque semella que o xudeu máis perigoso non é precisamente o non asimilado. Parece máis ben que a perigosidade está nos infieis á tradición da sua raza, nos que despois de perderen coma os máis a patria terrea, perderon a patria espiritual da Thora e do Talmud. O perigo se cadra non está na Sinagoga, nin no Ghetto; o xudeu non e se cadra perigoso por xudeu, senón por cosmopolita.

O antisemitismo pode neste senso ser incluso unha arma para eles. A Akekreuz non ha de ser suficiente amuleto Protectivo. A outra cruz, sí. E mais din que a ela han volver na fin dos tempos, os fillos de Israel. Anuncios xa os hai: En Oranienchristliches Zeugris An Israel que ten os domingos servicio divino e sermón, terza e quinta feira, conferencias bíblicas demostrativas da misión Mesiánica de Cristo.

fonte

Nenhum comentário: