OS JUDEUS NO SEU POVO (PRAHA)
Voltei pola Parizská, boa rúa, larga, fermosa e con senté. Vin os triángulos entrambilicados, duna sinagoga, mirei no plano, fun e volvín, e por fin atopei. Báixanse unhas escaleiras, e nunha rúa moi esterita, debaixo da Parizská, había moita senté agardando, homes e mulleres. ¿Teatro?, ¿Cinema? Baixei: ¡ Homes con barbas, vellos, rapaces, señoras, señoritas! Homes ben fardados, homes farrapentos. A sinagoga.
E non unha sinagoga calquera: a Alte-Synagoge de Praga.
Entrei. Un vestíbulo cunha araña e unha tristeira luz eléctrica. Rempuxei a porta e entrei sen tirar o chapeu. Era a primeira vez que entraba nunha sinagoga.
Un recinto oxival antigo, de dúas naves, con columnas de pedra, bancos arredor, en dúas filas, con pupitres. Homes sentados ou de pé, falando. A sala é outa e escura, caleada, con moitas arañas de prata sen velas, e algunhas luces eléctricas. Todo moi estreito, que non se revolve un. Un valado de ferro cingue un lugar máis outo, onde hai atrís con libros e Caxias cilíndricas coma sombreireiras. Tres señores con barbas, bimba e gabán están alí refollando nos libros. Hai cadros con letreiros en hebreo, e nas paredes, placas de prata con velas diante a maneira de cornucopias.
O másis interesante son os tipos. Afora había señores de medio tempo con boa pinta, donas elegantes, rapazas lindas, non de todo de cor de ceruda, unha realmente fermosa, morena, leda, sorrinte, expresiva, con meixelas acesas de quente cor, espigadiña e lanzal, ben vestida. Adentro había señores deses como outro calquera, vulgares de corpo e de indumento, que non din nada, nin case se ven; había algún señor apersoado; había un sentado onde a porta, un de chapeu claro e bigote recortado, pequeño, fachosos, de aspecto sórdido; había rapaces novos, un de gorra bilbaína, das apegadas á cabeza, sentado, quedo, langoroso e canso, moi feble e moi longo, de face suave e esterita, cuns inmensos anteollos de cuncha, e outros dous de pé, un duna elegancia fina e requintada, cun sinxelo vestido azul, outro de gorra calzón curto, duna gran beleza morena, desas que se meten nas mulleres, e estes dous, cecais pola súa superioridade estética, semellaban ledos e seguros de sí mesmos. Máis os outros.....
Os dignos de estudio eran os outros, os vellos de bimba e gabán ou levita negros, de longas barbas escuras, de enormes narigóns finos de cotorra ou gordos e vermellos caídos para abaixo, uns sentados, outros de pé, falando en pequenos grupos, os máis en alemán ou en calquera cousa semellante, cecais en yidisch, baixo e en segredo, acenando moito. Estes, estes si que son, os outros tampouco se despintan, máis os clásicos son estes, os xudeus de novela.
Tipos encollidos, sen pescozo, cetrinos, sudorosos, marráns, con grasa na cinta da bimba, con caspa no colo de terciopelo do gabán, con uñas reberetadas de negro, con dentes cor de tabaco. Tremen ó falar as barbas, negrecentas, con filas de prata ou marela, as barbas intonsas que se deixaron medrar o que pudieron, longas e agrisadas nas patillas. Encollen as ombreiras ao abriren os brazos para acenar afundindo a testa botada para atrás e rin cos bicos negros de orella a orella, enchéndose de enrugas travesas debaixo dos ollos, cunha ledicia chea de pillada, que chisca os dous ollos a un tempo. Torcen a cabeza para un lado, e a veces o corpo todo, encollen as pernas para acrequeñarse. Eu na vida vira movementos, nin modos, nin expresións semellantes. Teñen algo de ratas e algo de macacos; é algo único, homes como os demáis non son, ou disimúlano. Nada deixa aquí ver a súa forza formidable, o poder inmenso da raza que aquí vai celebrar o seu Sabbath. Porque eso sí, isto de aquelarre, algo ten...
Eu non sabía que facer, se marchar ou quedarme, porque vin que logo iban escomenzar o servicio. Temín que me dixeran algo e saín. Fixen ben, porque na entrada hai un rótulo que dí en hebreo, checo, alemán, francés e inglés: “ Os señores estranxeiros que desexen visitar a sinagoga, son avisados que non poderán entrar namentres dura o servicio divino”.
Nenhum comentário:
Postar um comentário